CRTVG

Buscar

O prezo da luz dá unha tregua este sábado: baixa ata os 110,14 euros

Publicado o 20/08/2021 13:17
O prezo da luz dá unha tregua este sábado: baixa ata os 110,14 euros
EFE

O prezo medio da electricidade no mercado almacenista (pool) volve descender en fin de semana e mañá sábado marcará 110,14 euros megawatt hora (MWh), 7 euros máis barato ca o custo medio de hoxe (un 8 % menos).

Tras unha semana de paulatinas subidas, ata alcanzar hoxe o segundo prezo medio máis alto da historia (117,14 MWh), a electricidade dará mañá unha tregua aos petos do consumidor grazas a que toda a franxa horaria é practicamente considerada como 'val'. Ademais, o prezo medio da luz para mañá afástase do récord anotado para un sábado (14 de agosto), que foi de 114,63 euros (MWh), aínda que se presenta moito máis elevado ca o marcado no primeiro sábado de agosto (65,64 euros/ MWh).

Polo tanto, parece propicio que esta fin de semana sexa aproveitada para que o consumidor prepare as lavadoras, cociñe para toda a semana, pase a aspiradora ou pase o ferro á coada sen ter que estar pendente das franxas horarias máis baratas de luns a venres, entre as 00:00 horas e as 8:00 horas da mañá.

Segundo os datos do operador do mercado ibérico OMIE, o prezo do pool, referencia en España para calcular a tarifa regulada que se paga nuns 10 millóns de fogares, a franxa horaria máis barata producirase entre as 17:00 e as 18:00 horas, a un prezo de 91,20 euros (MWh). Ás 22.00 horas o prezo tocará teito, ata os 123 euros (MWh). 

Noticias web

20/08/2021