CRTVG

Buscar

O prezo da luz baixa por terceiro día consecutivo

Publicado o 16/08/2021 08:53

O prezo da luz dá un respiro este luns e baixa por terceiro día consecutivo ata un precio medio de 88,92 euros o megavat hora, no mercado maiorista. Descende un 19% respecto a onte. Inflúe, segundo os expertos, que é xornada festiva en moitas comunidades e concellos. A semana pasada houbo cinco días de récords históricos no prezo da luz, que está tres veces máis cara que hai un ano. A oposición segue esixindo medidas ao Goberno para rebaixar a factura.

Noticias web

16/08/2021