O prezo da luz baixa este venres un 2 %, pero mantense por riba dos 200 euros
Publicado o 21/10/2021 20:18

O prezo da electricidade baixará este venres un 2 %, pero mantense por riba dos 200 euros o megawatt/hora.
Por franxas horarias, a luz será máis cara entre as 9 e as 10 da mañá, cando alcanzará os 255 euros, e a máis barata, entre as 4 e as 6 da mañá. O prezo da luz será este venres catro veces e media maior que o que se rexistrou o mesmo día do ano pasado.