O prezo da gasolina marca máximos dende xullo de 2014
Publicado o 10/09/2021 14:45
Na última semana o prezo medio do litro de gasolina subiu un 0,5%, chegando ata os 1,421 euros, que é o nivel máis alto rexistrado dende a última semana de xullo de 2014. Así pois, con estas cifras, encher hoxe o depósito é un 21 por cento máis caro que hai un ano, e no caso do gasóleo o que nos custaría repostar sería tamén un 20 por cento máis.