O prezo da gasolina e do gasóleo marcan máximos desde 2013
Publicado o 21/10/2021 20:40
Seguimos con subas de prezos porque os combustibles tampouco dan tregua e xa suman sete semanas de incremento. Acadan cifras que non se vían dende hai case unha década.
O prezo do barril chegou a duplicarse en algo máis dun ano, a gasolina sitúase en niveis que non se rexistraban desde marzo de 2013, e no caso do gasóleo, non custaba tanto desde xaneiro de 2014.A gasolina chega nestes momentos a 1,48 euros mentres o gasóleo sitúase en 1,35 euros. Isto implica que encher un depósito medio de 55 litros con gasolina supón un gasto de 81 euros, e de gasóleo, case 75 euros.
Xa van sete semanas consecutivas de incrementos dos carburantes, segundo recolle o Boletín Petroleiro da Unión Europea.