CRTVG

Buscar

O prezo da gasolina aproxímase ao euro e medio

Publicado o 11/10/2021 14:59

O prezo medio do litro de gasolina sitúase xa preto do euro e medio, o seu maior nivel no que vai de ano, segundo datos do boletín petroleiro da Unión Europea. Tamén o prezo medio do diésel segue incrementándose sen parar.

Encher o depósito é preto dun 25 por cento máis caro que hai un ano, uns 16 euros de media máis ao encher o depósito. Combustibles en máximos históricos dende hai anos precisamente en plena ponte festiva do Pilar. Está habendo moito movemento nas estradas, falan desde a DXT de sete millóns de desprazamentos por ser a primeira escapada cos datos da Covid tan baixos e sen apenas restricións.

Noticias web

11/10/2021