O prezo da luz baixa por terceiro día consecutivo e queda por debaixo dos 100 euros

O prezo medio da electricidade sitúase este luns por debaixo dos 100 euros. E o terceiro día consecutivo en que rexistra unha baixada.
É un descenso relativo porque o venres pasado a luz marcaba o seu segundo record histórico, ao acadar os 117,14 euros. Ademais, malia a baixada, a luz está un 12,2 por cento máis cara que o luns da semana pasada.
O descenso de hoxe non chega ao 1 por cento, logo dos descensos do 6 e o 9 por cento de sábado e domingo.
O prezo medio da electricidade volveu baixar hoxe, por terceiro día consecutivo, e sitúase por baixo dos 100 euros.
Con este contexto, os ministros de Podemos fixeron unha proposta para baixar a factura. Marcar un prezo fixo para a enerxía nuclear e hidroeléctrica. Cren que o Goberno pode aprobalo por decreto lei e así beneficiaría os cidadáns en pouco tempo.