CRTVG

Buscar

O prezo almacenista da luz sobe un 7,5 % e supera por primeira vez os 150 euros

Publicado o 09/09/2021 13:03
EFE

O prezo medio da electricidade no mercado almacenista (pool) situouse para mañá venres, 10 de setembro, en 152,32 euros por megawatt hora (MWh); iso supón un encarecemento do 7,5 % respecto ao máximo de 141,71 euros que marcou para este xoves.

Este prezo, que en España se usa para calcular a tarifa regulada á que están acollidos preto de 11 millóns de usuarios, máis que triplica o que marcou o pool o segundo venres de setembro do ano pasado (46,96 euros), segundo datos do operador do mercado OMIE.

Por franxas horarias, o prezo non baixará en ningún momento de 146,29 euros, que é o que se pagará entre as 5:00 e as 6:00 da madrugada, e o custo máis caro soportarase de 21:00 a 22:00, cando o MWh se pagará a 159,31 euros. 

Noticias web

09/09/2021