CRTVG

Buscar

O detido pola morte dun home en Carballo declara no xulgado

Publicado o 15/04/2021 14:50

O mozo detido pola morte dun home en Carballo foi trasladado desde dependencias da Garda Civil aos xulgados da vila esta mañá para declarar ante o de instrución número 1.

O mozo, de 25 anos, nacido en Colombia e veciño tamén de Carballo, foi detido o martes pola tarde, tras unha liorta en plena rúa, nas inmediacións do instituto Alfredo Brañas. Segundo algunhas testemuñas, el e outro home, tamén veciño de Carballo e de 54 anos, discutiron acaloradamente, chegaron ás mans e o maior caeu ao chan. Tamén era veciño de Carballo e tiña 54 anos.

Cun traumatismo cranioencefálico, foi trasladado en ambulancia ao hospital da Coruña, onde faleceu poucas horas despois.

Noticias web

15/04/2021