O presunto asasino de Ana Enjamio enfróntase a 33 anos de condena
César Adrio, o presunto asasino de Ana Enjamio, será trasladado desde a prisión da Lama á Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo. Alí, este luns, na sección quinta dará comezo o xuízo polo asasinato da moza. A
vista estaba prevista para novembro pero tivo que ser adiada ante os problemas para configurar o xurado. A Fiscalía pide 27 anos de cárcere para o acusado, ex-parella e compañeiro de traballo da vítima. O ministerio público considera probado que o home a acosou dende que ela rompeu a relación con el.
Tamén sostén que o 16 de decembro de 2016, despois da cea de empresa, agardouna á entrada da súa casa e acoitelouna varias veces. Despois, marchou á casa dos pais, desfíxose da arma, da súa roupa e do teléfono de Ana. A acusación particular, exercida pola Xunta pide para César Adrio 33 anos de condena.