CRTVG

Buscar

O presidente dos empresarios galegos defende que Ence está no lugar adecuado

Publicado o 30/03/2021 16:51

Sobre a continuidade de Ence na ría de Pontevedra falou hoxe o presidente dos empresarios galegos. Juan Manuel Vietes cualifica como "pintoresca" a resposta da ministra para a Transición a un vídeo que advirte dos riscos que supón a futura lei de cambio climático para as empresas que están á beira do mar. Ribera di que a norma NON pon en perigo esas fábricas. Pero os empresarios galegos non están de acordo.

Juan Manuel Vieites, presidente da Confederación de Empresarios de Galicia: "Non entendo por queunha empresa ten que marchar por motivos ideolóxicos e non empresariais. Cumprindo coas normativas legais, Ence está no sitio adecuado"

Noticias web

30/03/2021