CRTVG

Buscar

O presidente do Perú apela a manter a colaboración con España contra Maduro

Publicado o 27/02/2019 21:15

O presidente do Perú, que está de visita de Estado en España, falou sobre a situación de Venezuela. Tras ser recibido polos reis no Palacio Real, Martín Vizcarra interveu nunha sesión conxunta do Congreso e o Senado. Alí, diante dos deputados e tamén do presidente do Goberno, Pedro Sánchez, Vizcarra apelou a manter a colaboración entre O Perú e España para apoiar a Juan Guaidó como presidente encargado de Venzuela para lograr, dixo, o restablecemento da democracia.

"Saudar a coincidencia de posicións respecto do firme apoio outorgado ao presidente encargado de Venezuela Juan Guaidó e o compromiso de traballar de maneira coordinada para impulsar o restablecemento da democracia neste país", dixo Martín Vizcarra, presidente do Perú.

Noticias web

27/02/2019