CRTVG

Buscar

O presidente do Parlament vai permitir a Torra exercer todos os seus dereitos como deputado

Publicado o 12/01/2020 14:13

O presidente do Parlamento catalán, Roger Torrent, anuncia un recurso ante o Supremo para anular o ditame da Xunta Electoral sobre a inhabilitación de Torra, e di que permitirá que o titular da Generalitat poida seguir na súa totalidade os seus dereitos como deputado.

Nunha enrevista radiofónica, o presidente do Parlamento catalán, Roger Torrent, insistiu hoxe en a Xunta Electoral se excedeu nas súas competencias no caso Torra.

"Un órgano administrativo como unha Xunta Electoral non pode inhabilitar un parlamentario e moito menos o presidente da Generalitat".

Torrent anunciou un recurso da cámara catalá ante o Tribunal Supremo. Dixo ademais que el vai garantir que Torra poida participar no pleno vindeiro con total normalidade.

"Eu farei todo o que estea nas miñas mans para defender os dereitos do presidente Torra como deputado e, por tanto, o pleno exercicio con todos os seus condicionantes inherentes á condición de deputado que hoxe ten o presidente Torra".

Tamén dirixente de Esquerra, Torrent desvincula isto do acordo co PSOE para a investidura de Sánchez, e asegura que non fará perigar a coalición con Junts per Cataluña na Generalitat.

Noticias web

12/01/2020