O presidente do grupo ZETA, Antonio Asensio, declara sobre as "cloacas do Estado"
Publicado o 02/04/2019 16:14
O presidente do grupo ZETA, Antonio Asensio, testificou este martes na Audiencia Nacional polo roubo do móbil dunha asesora do líder de Podemos, Pablo Iglesias.
O contido do teléfono, segundo Iglesias, pasou polas mans de Asensio, que llo entregou ao líder de Podemos nun pendrive e coa mensaxe de que non o ía publicar en ningún dos medios do seu grupo.
Finalmente foi publicado por OKDiario.