CRTVG

Buscar

O presidente do Goberno vaise reunir con sindicatos e empresarios despois do Consello de Ministros

Publicado o 12/03/2020 09:56

Despois do Consello de Ministros, Pedro Sánchez vaise reunir con sindicatos e empresarios. Presentaralles o plan de choque polo coronavirus e non se descarta que se debatan medidas adicionais dende o punto de vista laboral. Pactarán, ademais, un calendario oficial de encontros para seguir impulsando o diálogo social.

Participan tamén na reunión desta tarde os catro vicepresidentes e outros catro ministros.



 

Noticias web

12/03/2020