O presidente do Goberno reúnese con todos os presidentes autonómicos
Publicado o 15/03/2020 14:32
Pedro Sánchez comunicoulle as medidas do estado de alarma aos presidentes autonómicos. A reunión realízase mediante videoconferencia con todos os representantes das comunidades autónomas. Unha xuntanza virtual que comezaba ás dez e media da mañá e na que se abriu unha rolda de intervencións dos presidentes autonómicos e na que puideron intercambiar impresións e opinións co presidente do Goberno.