CRTVG

Buscar

O presidente do Goberno inicia as súas vacacións

Publicado o 04/08/2020 22:07
O presidente do Goberno inicia as súas vacacións

Despois do Consello de Ministros, o presidente do Goberno inicia as vacacións.

Pedro Sánchez vai pasar unha semana coa súa familia en Lanzarote, na residencia La Mareta, un regalo do rei Hussein de Xordania a don Xoán Carlos I, e que a Casa Real doou ao Patrimonio Nacional.

Despois trasladarase ao Palacio das Marismillas, no Parque Nacional de Doñana onde gozará do resto das súas vacacións.

Noticias web

04/08/2020