CRTVG

Buscar

O presidente do CIS, no Congreso: "Non confíen nas enquisas"

Publicado o 19/05/2020 19:37

O presidente do CIS, Félix Tezanos, compareceu no Congreso para dar explicacións polo barómetro do mes pasado, que incluía unha pregunta sobre o control das noticias falsas. Tezanos pensa que está mal redactada, pero lembra que a resposta da maioría da poboación foi claramente favorable a que se vixíe a difusión de informacións falsas. Con todo, Tezanos fixo unha petición cando menos sorprendente.

Noticias web

19/05/2020