CRTVG

Buscar

O presidente de PSA prevé despedimentos e axustes

Publicado o 21/09/2020 09:11

Preocupación en Vigo polas últimas palabras do presidente do grupo PSA, Carlos Tavares. O directivo prevé despedimentos no sector do automóbil para poder adaptarse ás normas previstas en Europa para a reduccion de gases contaminantes.

Tavares prevé unha mutación profunda e brutal no sector, que emprega en Europa 14 millóns de traballadores.

O presidente de PSA píde algo máis de tempo para poder emprender a transformación tecnolóxica que precisa o automóbil e lembra que o coche eléctrico lles impuxo unha tecnoloxía que ten un prezo fóra do alcance da maioría da clase media. 

Noticias web

21/09/2020