O presidente de PSA, Carlos Tavares, pide que a transición enerxética non poña empregos en risco
Publicado o 08/10/2019 12:05
O presidente do grupo automobilístico PSA cre que os gobernos europeos están a ser dogmáticos coa redución de emisións e pide unha transición enerxética sostible que non poña en risco os empregos.
"Dende o grupo PSA defendemos a neutralidade tecnolóxica e unha transición enerxética sostible e ordenada que non poña en risco o emprego e a actividade nas nosas plantas e polo tanto o futuro dos nosos milleiros de colaboradores", asegurou Carlos Tavares.