CRTVG

Buscar

O presidente de Colombia inicia unha visita oficial de tres días en España

Publicado o 16/09/2021 16:15
O presidente de Colombia inicia unha visita oficial de tres días en España

O rei recibiu hoxe o presidente de Colombia na súa visita oficial a España dentro da súa xira por Europa. Iván Duque e a súa dona participaron no almorzo que ofreceron os reis no Palacio Real, canda representantes do Goberno do Estado e de cargos institucionais. Tanto don Filipe como o presidente de Colombia salientaron nos seus discursos os vínculos que unen os dous países. Previamente, Duque foi recibido tamén na Moncloa polo presidente do Goberno, con quen asinou varios acordos de colaboración, un deles para a loita contra a delincuencia.

Noticias web

16/09/2021