CRTVG

Buscar

O presidente da Xunta salienta o carácter dialogante de Fraguas e insta a unir pontes coa lingua

Publicado o 17/05/2019 16:46

Despois desta sesión plenaria da Real Academia Galega comezou o acto institucional da Xunta para conmemorar o Día das Letras Galegas.  Avelino Martínez Cimadevila, representante da familia de Antonio Fraguas: "Actos como o de hoxe son fitos indicadores da vitalidade da cultura e lingua galegas, que se mantén e se manterá pola achega común de cada un no seu ámbito, valorando o feito cultural baixo un esquema de integración e harmonía"

Alberto Núñez Feijóo, presidente da Xunta de Galicia: "No noso país a lingua une porque está tecida por afectos. O galego é un dos vencellos que temos máis fortes entre nós, entre todos. Velo como un atranco forma parte de tendencias que proceden de situacións que nos resultan distintas e distantes"

Noticias web

17/05/2019