CRTVG

Buscar

O presidente da Xunta comparece a próxima semana no Parlamento para informar da evolución da pandemia

Publicado o 20/01/2021 08:27

O presidente da Xunta comparecerá a semana que vén no Parlamento para informar da evolución da terceira vaga da pandemia en Galicia. Esta comparecencia, que substituirá a sesión de control ao Goberno, foi solicitada polo BNG e apoiada polos grupos socialista e popular. Feijóo tamén dará conta da campaña de vacinación contra o coronavirus e das axudas aos sectores máis afectados. A oposición pediralle medidas máis contundentes para dobregar a curva, como un confinamento de quince días ou o reforzamento da atención primaria e dos rastrexadores.

Noticias web

20/01/2021