CRTVG

Buscar

O presidente da Generalitat ordena o peche de Cataluña a partir desta medianoite

Publicado o 14/03/2020 13:38

• Murcia, Madrid e Euskadi, tamén toman medidas excepcionais

Hai 121 mortos e máis de 4.200 contaxiados, segundo o último parte oficial do Ministerio de Sanidade. Case a metade dos casos positivos localízanse na Comunidade de Madrid, que segue a ser a que máis casos concentra, seguida do País Vasco, Cataluña, A Rioxa e Andalucía.

Peche de Cataluña

O presidente da Generalitat, Quim Torra, ordenou o peche total de Cataluña para frear a propagación do coronavirus: a partir da medianoite deste venres ninguén poderá entrar nin saír da rexión, de 7,5 millóns de habitantes, que xa suma 509 afectados pola pandemia. "A evolución dos contagios esíxenos ser máis drásticos", afirmou Torra, que compareceu ás 20:30 horas no Palau da Generalitat para anunciar esta novas medida para combater o coronavirus.

O anuncio do goberno catalán chega mentres o conxunto de España prepárase para entrar, por segunda vez en democracia, en estado de alarma, unha medida excepcional que formalizará mañá o Consello de Ministros.

Murcia decreta o confinamento das zonas turísticas

Murcia decretou este venres o confinamento de todas as zonas turísticas. Unha medida drástica, e de obrigado cumprimento, para frear situacións inadmisibles, di o presidente, como as que están vivindo coa chegada á comunidade de residentes doutras rexións.

Péchanse locais de ocio e restrínxense os movementos que non sexan para ir traballar, ir ao médico ou mercar comida. Pechan tamén as oficinas de turismo.

O País Vasco declara o estrado de emerxencia sanitaria

No País Vasco, o lehendakari Urkullu declarou a emerxencia sanitaria e poderá decretar o confinamento da poboación.

A Comunidade Madrid pecha os comercios

Esta familia aproveita as últimas horas nas terrazas. Desde este sábado, toda a hostalería de Madrid, bares, terrazas e restaurantes permanecerá pechada para frear os contaxios de coronavirus. O decreto afecta a todos os establecementos agás os de alimentación e primeira necesidade como as farmacias ou as gasolineiras.O sector asiste, resignado, a unha medida esperada.

Xa son máis de dúas mil as persoas infectadas. Os hospitais acusan a falta de recursos materiais e humanos, e a comunidade estuda recorrer a hoteis medicalizados, unha iniciativa que o sector hoteleiro puxo sobre a mesa nas últimas horas.

Madrid vive tempos difíciles e precisa, segundo a presidenta Diaz Ayuso, medidas mais contundentes. Pide que o Ministerio de Transportes peche o aeroporto de Baraxas e as estradas radiais e suspenda a circulación de trens.

Noticias web

14/03/2020