CRTVG

Buscar

O presidente da CEOE apoia en público os indultos e recoñece diferenzas entre os empresarios

Publicado o 18/06/2021 08:27

O presidente da patronal española Antonio Garamendi avala os indultos do procés. Dixo que están dentro do estado de dereito e que serán benvidos se axudan a normalizar a situación en Cataluña. Despois aclarou que esa normalización pasa por cumprir a lei e a Constitución. Garamendi recoñece diferenzas entre os empresarios, pero defende a amnistía aos presos do procés, en favor da estabilidade. 

Noticias web

18/06/2021