O presidente da Cámara dos Comúns impide que se vote do novo o acordo do 'brexit'
O Parlamento británico rexeita votar de novo o plan do primeiro ministro, Boris Johnson, para o brexit. O presidente da Cámara decidiu que o texto que se ía votar era idéntico ao que se debateu e se rexeitou o sábado pasado. Así que, dez días antes da data de saída, todo segue igual.
O presidente da Cámara, John Bercow, decidiu impedir a votación alegando que o Parlamento non pode votar dúas veces sobre a mesma cuestión e na mesma sesión parlamentaria.
O sábado, o Parlamento británico debateu o acordo, pero non se chegou a votar porque carecía dos apoios necesarios. Entón, o primeiro ministro viuse obrigado por lei, en contra da súa vontade, a solicitarlle á UE unha prórroga da data de saída, fixada para o 31 de outubro.
Bercow afirma que desde o sábado nin cambiou o texto nin as circunstancias que o rodean.
Unha segunda votación, dixo, non ten sentido. Sería repetitivo.
Johnson espera que mañá, martes, se poida producir a votación e recalcou, iso si, a súa intención de manter inamovible a data de saída. Pero iso, xa se ve, non só depende del.