CRTVG

Buscar

O presidente da Arxentina dá positivo por covid dous meses despois de recibir a vacina

Publicado o 03/04/2021 11:29

O presidente da Arxentina dá positivo por covid dous meses despois de recibir a vacina

O presidente arxentino, Alberto Fernández, informou que deu positivo este venres por coronavirus nun test de antíxenos que lle realizaron e que está á espera da confirmación dunha proba PCR, polo que está illado.

Fernández afirma no seu perfíl de Twitter que está cumprindo o protocolo vixente e segue as indicacións do seu médico persoal e contactou coas persoas coas que estivo reunido para avaliar se se trata de contacto estreitos.

Asegura que está ben fisicamente no día do seu aniversario que agardaba non ter esta noticia e agradece as mostras de afecto que lle mostran.

Alberto Fernández recibiu a primeira dose da vacina rusa Sputnik o 21 de xaneiro, se ben aínda non se lle administrou a segunda, xa que se recomenta aplicala entre os días 21 e 60 posteriores á primeira.