CRTVG

Buscar

O presidente da Arxentina, Alberto Fernández, reúnese co Rei e co presidente do Goberno

Publicado o 04/02/2020 20:45

O presidente da Arxentina, Alberto Fernández, realiza a súa primeira visita oficial a España. Fernández, que tomou posesión o mes de decembro pasado, reuníuse co rei Filipe VI. Na xuntanza, os dous xefes de Estado trataron asuntos bilaterais e mais os relacionados co cumio iberoamericano que se vai celebrar a finais de ano en Andorra.

Previamente, Alberto Fernández mantivo unha reunión con Pedro Sánchez. O presidente do Goberno español mostroulle a solidariedade do Executivo para superar a crise económica e social que vive A Arxentina.

Noticias web

04/02/2020