CRTVG

Buscar

O presidente canario di que as Illas non poden ser "o muro da emigración" de Europa

Publicado o 24/11/2020 15:16

Noite de intensa actividade para os servizos de emerxencia, que rescataron sete embarcacións en augas próximas a Gran Canaria. A bordo ían 189 inmigrantes que foron trasladados ao peirao de Arguineguín, onde agora permanecen unhas 750 persoas. Abdehalel leva cinco días buscando o seu fillo, de 17 anos, que debería estar entre esta multitude.

Coma el son moitos os que veñen dende países como Francia ou o Reino Unido para intentar reunirse cos seus familiares.

O presidente das Canarias, o socialista Ángel Víctor Torres, defende o traslado de inmigrantes á península, e advírtelle ao Goberno que as illas non poden ser "muro de contención" da migración. "

Non podemos ser o muro da emigración de Europa", asegurou Ángel Víctor Torres, presidente das Canarias.

No que vai de ano chegaron ás Canarias uns 18.400 migrantes procedentes de Marrocos e do Senegal. Uns 2.000 foron derivados á península, e outros 4.000 poderían ter viaxado tamén pola súa conta, moitos deles con intención de chegar a Francia.

Noticias web

24/11/2020