O PPdeG xustifica o regreso ao Goberno municipal de Ourense pola necesidade de "sacar a cidade da parálise"
Publicado o 25/06/2021 14:50
O secretario xeral dos populares galegos xustifica o regreso ao Goberno municipal de Ourense pola necesidade de "ser útiles aos veciños". Miguel Tellado dixo que non quedaba outra saída para sacar a cidade do bloqueo institucional.
Miguel Tellado, secretario xeral do PPdeG: "O PP de Ourense volve ao Goberno porque cre que para a cidade é mellor, para sacala da parálise que vive dende hai meses".