CRTVG

Buscar

O PPdeG renovará no congreso o seu proxecto "de centrodereita moderado"

Publicado o 03/06/2021 15:29

O Partido Popular de Galicia prepara o seu congreso, que se vai celebrar o 16 e 17 de xullo no pavillón dos deportes de Pontevedra. A presidenta da comisión organizadora di que o obxectivo é renovar o proxecto de centralidade do partido fronte a "radicais e populistas".

"O PPdeG é o centrodereita moderado, o que tanto confían os galegos. A única alternativa a un PSOE que perdeu o norte, e un nacionalismo cada vez máis radical e ensimesmado. O PPdeG é un dique de contención dos populismos", considera.

 

Noticias web

03/06/2021