CRTVG

Buscar

O PPdeG recrimínalle ao BNG o bloqueo da declaración institucional contra a violencia nas protestas por Hasél

Publicado o 23/02/2021 19:53
O PPdeG recrimínalle ao BNG o bloqueo da declaración institucional contra a violencia nas protestas por Hasél

O BNG bloqueou hoxe no Parlamento unha declaración institucional en contra da violencia nas rúas.O grupo popular impulsou esta proposta, na que pedía rexeitar os incidentes destes días en defensa do rapero Pablo Hásel, condenado por enaltecemento do terrorismo.

A declaración precisaba da unanimidade da Cámara. Os socialistas deron o seu apoio, pero non así o BNG. Os nacionalistas din que condenan a violencia, pero non queren entrar nunha campaña para criminalizar a cidadanía.

 

Noticias web

23/02/2021