CRTVG

Buscar

O PPdeG pide un esforzo colectivo para evitar novas ondas da covid

Publicado o 10/05/2021 15:55

O voceiro do PPdeG no Parlamento de Galicia, Pedro Puy, pediu este luns un esforzo colectivo para evitar unha nova onda da pandemia de covid-19. "Estamos preto do final e hai que facer un esforzo para que non veña unha nova onda", advertiu Puy, tras advertiro dalgúns comportamentos tras o levantamento do estado de alarma.

O voceiro do PPdeG tamén reprochou ao Goberno central que impedise que as administracións autonómicas conten con instrumentos xurídicos para evitar concentracións nocturnas de persoas como as rexistradas esta fin de semana.

Pedro Puy anunciou que o PPdeG defenderá esta semana no Parlamento unha unha proposición non de lei para instar o Goberno central a adecuar a Lei orgánica de saúde pública á xestión das situacións de pandemia.