CRTVG

Buscar

O PPdeG pide que o Goberno de España busque un mecanismo para devolver os cartos do IVE que reclama a Xunta

Publicado o 30/04/2021 16:41

O Partido Popular de Galicia insta o Goberno central a devolverlle a Galicia o IVE que lle reclama a Xunta, e que ascendería a 204 millóns de euros.

O secretario xeral dos populares galegos di que o Executivo estatal ten que buscar un mecanismo para devolver eses cartos, e apuntou á sentenza en que o Supremo lle acaba de dar a razón a Castela e León.