O PPdeG pide diálogo do Goberno, o BNG di que o que importan son os feitos e o PSdeG aplaude os cambios
Os populares esperan que os novos ministros dialoguen máis coas comunidades autónomas. O BNG cre que os cambios só obedecen aos intereses de Pedro Sánchez dentro do seu partido; mentres o socialista Gonzalo Caballero aplaude a remodelación.
"Desexo todo o acerto aos novos ministros e ministras", dixo o secretario xeral do PSdeG, quen recoñecía o traballo dos ministros saíntes que "fixeron fronte á maior crise sanitaria, económica e social".
Ana Pontón, voceira nacional do BNG, dicía que "non nos debe importar que persoas están á fronte deses ministerios, senón que políticas van facer".
Pedro Puy, portavoz do PPdeG no Parlamento, aseguraba que "con idepenencia do momento elixido, en plena repunta da pandemia, esperamos que facilite a colaboración coas comunidades".