CRTVG

Buscar

O PPdeG pídelle á subdelegación do Goberno de Ourense que explique o bloqueo das axudas a autónomos

Publicado o 15/06/2020 14:56

O Partido Popular pide explicacións pola conduta da Subdelegación do Goberno en Ourense, que decidiu bloquear axudas a autónomos e pequenas empresas. O pasado mes de maio, a Deputación de Ourense aprobou máis de 4 millóns de euros en axudas para paliar os efectos da crise do coronavirus en moitos pequenos negocios. Están dirixidas a concellos de menos de 20.000 habitantes.

O PP non entende a actitude da Subdelegación do Goberno en Ourense, pedindo unha revisión da legalidade destas axudas.

 

Noticias web

15/06/2020