CRTVG

Buscar

O PPdeG estará representado na manifestación de Madrid contra os indultos polo seu número dous, Miguel Tellado

Publicado o 11/06/2021 15:22

O número dous do PPdeG acudirá, xunto co presidente de Novas Xeracións, á manifestación do domingo en Madrid contra os indultos.

Miguel Tellado anunciou que o seu partido vai levar ao Parlamento galego unha iniciativa para expresar o rexeitamento a esta medida e para obrigar a oposición a que se posicione.

Miguel Tellado, secretario xeral do PPdeG: "Rexistramos unha proposición non de lei no Parlamento de Galicia para manifestar o noso total rexeitamento ao indultos, e para que conste se o BNG e o PSdeG están do lado da Constitución ou dos independentistas condenados".

 

Noticias web

11/06/2021