CRTVG

Buscar

O PPdeG di que vai defender a figura das herdanzas en vida

Publicado o 18/06/2021 15:34

O PPdeG esíxelle ao Goberno central que paralice e reforma do IRPF porque entende que prexudica especialmente os contribuíntes galegos ao penalizar as herdanzas en vida.

Miguel Tellado di que van utilizar recursos políticos e xurídicos para protexer esta figura tradicional do dereito civil galego.

Miguel Tellado, secretario xeral do PPdeG: "As herdanzas vida non son un truco de defraudadores, son un instrumento tradicional do dereito galego. Non imos permanecer calados mentres o Goberno de Pedro Sánchez ataca a nosa autonomía".

Noticias web

18/06/2021