CRTVG

Buscar

O PPdeG defende as axudas para instalar caixeiros no rural

Publicado o 13/09/2021 19:34
O PPdeG defende as axudas para instalar caixeiros no rural

EFE

O portavoz parlamentario do PPdeG, Pedro Puy, valora como "unha solución práctica" as axudas para instalar caixeiros no rural que recibirán as entidades bancarias. Lembra que esta acción foi "acordada coa Fegamp" e vai en sintonía coas aplicadas por outras  “administración de distintas cores políticas”. Mencionou ademais que tamén concellos do BNG e PSOE “subscribiron o protocolo de colaboración” coa Xunta para manter eses servizos.

Sinalou Puy que existe o risco de que unhas 55.000 persoas no rural "queden sen ningún tipo de asistencia financeira, sen caixeiros e sen ningunha oficina se non se fai algo". Por iso, considera que a Administración autonómica optou por unha “saída práctica” a este problema. Preguntado sobre se estes incientivos facilitan o peche de sucursais en zonas despoboadas, Puy respondeu que “é ao revés”. “Cando se pechan as oficinas é cando se propón isto”, sinalou.

Explicou o portavoz dos populares que a actuación da Xunta tamén “vai encamiñada para que desde o Goberno central e o Banco de España se adopten solucións”, xa que a lexislación do sistema financeiro “é estatal”.

Noticias web

13/09/2021