CRTVG

Buscar

O PPdeG defende a xestión da Xunta e critica a actitude de BNG e PSdeG

Publicado o 13/10/2021 21:46

O portavoz parlamentario do PPdeG, Pedro Puy, defendeu a "boa xestión" da Xunta tanto a nivel sanitario como económico, non só durante a pandemia, senón a nivel "previo", o que cre que levou a Galicia a resistir mellor ante a pandemia.

Na súa intervención no debate sobre o estado da autonomía, recriminou á líder do BNG, Ana Pontón, que diga que o PPdeG é "ultra" e que lle pida facer un cordón sanitario a Vox, un partido que non ten representación no Parlamento galego, cando ela "está todos os días pactando con Bildu e ERC". Así que propuxo, pola súa banda, facer un cordón sanitario a Bildu e ERC e o que representan". Tamén lle replicou a Pontón que Galicia non se fai grande cando se pecha en si mesma, senón que se fai grande cando se abre ao mundo".

Puy lamentou que a oposición non estivese "á altura da situación" e considerou que o PSdeG "antepón os intereses partidarios" do Goberno central e o BNG "sempre antepón a súa ideoloxía nacionalista aos datos e evidencia". Ademais, recriminou ao secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, que diga que o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, "está a facer caixa coa pandemia", algo que "non só é incorrecto, senón que resulta sospeitoso".

Noticias web

13/10/2021