CRTVG

Buscar

O PPdeG cre que o recurso do Goberno contra e Lei de saúde de Galicia responde a intereses partidistas

Publicado o 09/04/2021 14:57

O Goberno central non desenvolveu unha lei de pandemias, pero ten recorrida a que aprobou Galicia. Para o Partido Popular, este recurso contra a Lei galega de Saúde responde a intereses partidistas. Miguel Tellado defende que a Xunta lexislou para dar seguridade xurídica, algo que debería facer, di, o Executivo central.

Miguel Tellado, secretario xeral do PPdeG: "Cremos que a intención do Goberno de España ao recorrer a lei responde a intereses partidistas, moléstalles que o Goberno galego fixera o que tiñan que facer, cústalles recoñecer o seu fracaso".

Noticias web

09/04/2021