CRTVG

Buscar

O PPdeG ve "ineficaz" deixar en mans do Supremo as decisións da pandemia

Publicado o 04/05/2021 16:26

No Partido Popular de Galicia cren que o feito de que o Goberno deixe en mans do Supremo as decisións sobre a pandemia é pouco eficaz.

Din que obriga os xuíces a tomar decisións que deberían adoptar os gobernantes. Recordan que a Xunta impulsou unha lei de saúde propia para xestionar a pandemia e que o recurso do Goberno suspendeuna.