O PPdeG contará coa presenza de Casado para a inauguración da precampaña
Publicado o 18/06/2020 15:45
O Partido Popular de Galicia retoma a súa actividade de precampaña este domingo. Será cun acto que se celebrará simultáneamente en 5 cidades de Galicia, que contará coa presenza de Pablo Casado.
Desta forma, os populares volven organizar actos de partido un mes despois de que Núñez Feijóo anunciase que renunciaba á precampaña para centrarse só na xestión da pandemia.