CRTVG

Buscar

O PPdeG conmemora este sábado o Día da Muller nun acto “moi reducido”

Publicado o 05/03/2021 18:37
O PPdeG conmemora este sábado o Día da Muller nun acto “moi reducido”

O PPdeG conmemorará o 8 de marzo este sábado nun acto de formato “moi reducido” en que participará o líder do partido e presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, pero en que o protagonismo o terán “mulleres anónimas”.

Diso informou este venres o secretario xeral do PPdeG, Miguel Tellado, que explicou que a formación optou por un acto de dimensión reducida porque entenden que “a visibilidade das reivindicacións non pode ser incompatible coa prudencia” necesaria nunha pandemia sanitaria.

Por iso, os representantes do PP galego unicamente acudirán a “actos pequenos” onde se cumpran as recomendacións sanitarias.

Noticias web

05/03/2021