CRTVG

Buscar

O PPdeG celebrará o seu congreso o 16 e 17 de xullo

Publicado o 28/05/2021 12:37

O Partido Popular de Galicia celebrará o próximo 16 e 17 de xullo o congreso autonómico do partido. Así o anunciou Miguel Tellado, secretario xeral do PPdeG, nunha conferencia de prensa celebrada este venres en Santiago de Compostela. Será a xunta directiva, que se celebra o próximo martes, quen ratifique esta data. Pevisiblemente, elexirase a Alberto Núñez Feijóo como presidente do partido.

Un mes antes, o 16 de xuño, remata a data para presentar candidaturas e non se espera que haxa ningunha alternativa a Feijóo.

Tellado destacou que esta cita "non será un congreso centrado en nomes, senón en ideas para recoller o pulso da rúa e da xente e consolidar o proxecto político" do PPdeG. Deste xeito, o PP galego "retoma a normalidade no funcionamento do partido e recupera os procesos orgánicos pendentes", ao considerar superado o estado de alarma pola pandemia, explicou o secretario xeral do partido.

Noticias web

28/05/2021