CRTVG

Buscar

O PPdeG celebrará o congreso para elixir presidente o 16 e o 17 de xullo en Pontevedra

Publicado o 06/07/2021 21:24

Alberto Núñez Feijóo pechou esta tarde en Vilagarcía a rolda de presentacións da súa candidatura á reelección como presidente do PPdeG. Diante da dirección provincial de Pontevedra, Feijóo dixo que é o momento de baixar os impostos para impulsar a recuperación económica. Referiuse en concreto ao imposto de patrimonio, o de transmisións e a manter o IRPF máis baixo para as rendas da maioría dos contribuíntes.

"Os políticos tradicionais comprométense a baixar impostos cando se presentan ás eleccións. Nós comprometémonos a baixar impostos cando podemos e cando a economía o permite e, agora, a economía necesítao. Desde 2016 diminuímos os impostos das familias galegas en máis de 1.000 millóns de euros. Agora toca seguir baixando impostos. Esta, despois da baixada do ano 2016, será a baixada de impostos máis grande feita por un Goberno autonómico en corenta anos de autogoberno que celebranos este ano 2021", di Alberto Núñez Feijóo, presidente do Partido Popular de Galicia.

 

Noticias web

06/07/2021