O PPdeG asegura que o criterio de repartimento dos 16.000 millóns de euros para as autonomías prexudica a Galicia
Publicado o 11/05/2020 14:56
O Partido Popular de Galicia amósase preocupado pola xestión do ingreso mínimo vital, unha competencia que os populares apuntan a que é autonómica. Pedro Puy agarda que o Goberno rectifique os criterios de repartimento do fondo de 16.000 millóns de euros para as autonomías.
Aseguran que quedan fóra os gastos de atención sanitaria nas residencias da terceira idade e a teleasistencia.