O PPdeG aproba en solitario instar o Goberno a lexislar ante a pandemia
Publicado o 29/04/2021 16:49

O Parlamento de Galicia pídelle ao Goberno que modifique canto antes a Lei de Saúde Pública para que poida entrar en vigor.
O Partido Popular de Galicia, o grupo autor da iniciativa, denuncia que o Estado non lexisla nin deixa lexislar, e apunta que a lei galega é necesaria para dotar de seguridade xurídica as medidas que se tomen unha vez remate o estado de alarma. O BNG abstívose e o grupo socialista votou en contra.