O PPdeG anuncia que non seguirá impulsando a solicitude da competencia de Tráfico
Publicado o 15/06/2021 16:15

O Parlamento galego paraliza a solicitude da transferencia da competencia de Tráfico para Galicia. A proposta, do BNG, comezara a tramitarse inicialmente grazas ao PP, que se abstivera. Agora, os populares anuncian que non seguirán impulsando esta solicitude.
O BNG cre que se botan atrás como cesión a sectores españolistas que, din, non cren no autogoberno. Os socialistas poñen sobre a mesa que Galicia non conseguiu competencias novas nos últimos anos. Os populares explican a decisión: aseguran que non pedirán a transferencia de tráfico porque hai aínda outras pendentes, como a da autoestrada AP-9, que o Goberno central ten paralizadas.