CRTVG

Buscar

O PPdeG alerta dos problemas que pode causar a falta de pagamento da débeda do Goberno con Galicia

Publicado o 26/08/2019 17:41

Reaccións á débeda dos 700 millóns do Goberno central con Galicia. O PPdeG alerta dos problemas que pode causar a falta de pagamento. Os populares cualifican a actitude do Executivo de lamentable e desleal.

O BNG, na primeira xuntanza da súa executiva despois da parada vacacional, acordou poñer en marcha unha ofensiva social e institucional para reclamar esas débedas. Por iso, en outono van rexistrar varias iniciativas parlamentarias en relación con este tema.

Pedro Puy acusou a Pedro Sánchez de actuar con deslealdade e anuncia que, se non se reciben os 700 millóns que lle corresponden a Galicia, podería non cumprirse a normativa de déficit.



 

Noticias web

26/08/2019